Ola a todas e todos! Xa estamos de volta no terceiro e derradeiro trimestre deste curso 2013/14.
E foi chegar e darnos de fuciños co 23 de abril, Día do Libro, que é tanto coma dicir Día da lectura, dos lectores, das bibliotecas... ben é verdade que este ano case non tivemos tempo de argallar actos de celebración de data tan sinalada e tan significativa para nós.
Malia todo, e ademais das accións que se levaron a cabo en cada clase, organizamos un sinxelo acto na Biblioteca onde, quen quixeron, nos trouxeron unha mostra de algún dos seus libros favoritos, nos leu o seu comezo e armamos un humildísimo mural con todo iso: pobre homenaxe ao libro e á lectura, pero sentido e ben garimoso, como demostra a imaxe que nos amosa a biblioteca ateigada, a pesares de ser tempo de recreo e actividade totalmente voluntaria, xaora!
Por certo, o actiño tamén serviu de homenaxe ao grande Gabriel García Márquez: comezamos por ler Cien años de soledad. E el, hai mellor homenaxe que ler a súa obra?
Diversos momentos da presentación de obras e lectura das primeiras palabras de cada unha:
Detalle dos muraliño que elaboramos:
E das obras que trouxemos e presentamos:
No hay comentarios:
Publicar un comentario