NA HONRA DE ROBERTOVIDAL BOLAÑO
HERDEIROS DE ROSALÍA
Subimos as primeiras imaxes da Festa das Letras que celebramos hoxe, 16 de maio para lembrar a figura do dramaturgo e intelectual homenaxeado este ano, Roberto Vidal Bolaño, e que serviu tamén para recordar o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos, de Rosalía.
Diego Basadre, ao saxo, foi o encargado de abrir
a festa, cos peques de Infantil xa a punto
para cantar.
Entón Jennifer Núñez e Alejandro Corral, os presentadores do acto, foron dando entrada
ás diversas intervencións.
Empezamos cos campións de Infantil:
Xa se ve que o fixeron de cine:
uns profesionais.
Laura Saavedra, de 3º da ESO, empezou a poñerlle
voz a Rosalía:
"Cantarte hei Galicia
na lingua galega,
alivio dos males
consolo das penas..."
Logo foi a quenda das alumnas e alumnos de 2º
ciclo de Primaria, con Costa á fronte:
"Se buscas a Galicia en ti tes que atopala..."
Galicia somos nós: a xente e máis a fala!
Continuamos coa xente de 5º de Primaria, que nos falou de Vidal Bolaño, da súa vida e da súa obra, para darlle sentido á festa:
E chegou un dos momentos culminantes do día: Álex Martínez, de 5º de Primaria, púxolle cara e voz
a Vidal Bolaño: maxistral!
Chegou logo o "Quen son?" de 1º e 2º de Primaria. Por certo, non perdades de vista o magnífico traballo que lucía coma fondo de escenario: Se cadra Mª Teresa R. Pol pode contarvos algo ao respecto...
Andrea Gutiérrez deulle voz de novo a Rosalía
nun memorable recitado de
"Castellanos de Castilla".
Por alí andaron tamén mozas e mozos de 6º de Primaria,
cantándolle ao mes de maio.
E CHEGOU O MOMENTO DOS PREMIOS!
Aquí están todos os galardoados nos diferentes certames:
PARABÉNS!!!
E noraboa a todas e a todos os participantes.
E como podiamos porlle digno remate á celebración?
Pois co "son do ar" que o alumnado de música de 4º da ESO, comandados pola profe Ana, preparou
para a ocasión:
Saíu tan ben que non paraban de sorrir!
Pois iso, a reencontrarnos con
nós mesmos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario