Veñen os de Ítaca de rematar a lectura de O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas, publicado en Fóra de Xogo, de Xerais. A verdade é que a obra gustounos moito, enfadounos, enganchounos, conmoveunos, fíxonos pensar, enfadarnos...
Tanto foi así que os Leóns de Bagdad decidiron lela a continuación, e niso andamos. Para animar aos colegas de 2º da ESO e que todo o mundo vexa o que facemos nos clubes, estes catro campeóns -Javi Suárez, Antonio Vila, Andrea Gutiérrez, Jennifer Núñez- déixannos unha pequena mostra no vídeo que enlazamos.
E por certo: recomendámosvos a obra se estades buscando unha lectura amena, entretida, que te mova á reflexión e trate temas de rabiosa actualidade! Non vos defraudará, seguro!
No hay comentarios:
Publicar un comentario