AMIZADE CON GANDALF
Si, creo que iso define ben o que sentimos ao rematar a película nun céntrico cine da cidade de Lugo, a onde nos desprazamos 43! membros dos clubes de lectura de Secundaria, Piratas, Leóns, Ítaca, para ver a película da obra que viñamos de ler, nalgún caso, ou que leremos no futuro -os pequenos Piratas-. AMIZADE CON GANDALF e con Bilbo, con Thorin, fillo de Thrain, ou con Elrond, señor dos Elfos.
Para non falar de Galadriel.
Para non falar de Galadriel.
Disfrutamos moito, moito. A verdade é que o pasamos moi ben, aínda que se cadra non era a película que nós tiñamos na cabeza, que cadaquén faise a súa mentres le.
E como diría un clásico: CINE, CINE, CINE, CINE...MÁS CINE POR FAVOR! QUE TODO EN LA VIDA ES SUEÑO... Y LOS SUEÑOS... CINE SON!
Aí quedan algunhas imaxes máis desta mañá tan "fantástica":
Ás veces un recibe unha visita inesperada:
E claro, hai que convidar a comer algo:
E a sala énchese de xente:
E un séntese anonadado:
non podes deixar de mirar!
E comeza a viaxe: que sexa longa!
1 comentario:
Gran película, e xa quero ver a segunda! que, aínda sabendo o que sucede ao final, esta obra de arte non se pode deixar escapar!
Publicar un comentario