13 nov 2012

HOBBITADIVIÑAS

As mozas e mozos de Ítaca, como xa saberedes os máis avisados, andamos pola Terra Media, a voltas con ananos e con aneis, seguindo os pasos de Bilbo Baggins -Bilbo Bulseiro na magnífica tradución galega-. Pois nalgún dos últimos capítulos que lemos o pequeno e xa entrañable hobbit desafía a Gollum nun reto de adiviñas para ver quen se queda co anel que tanto os atrae a ambos. parecéronnos realmente inxeniosas e por iso vos traemos algunhas aquí, a xeito de desafío:
 
Caixa sen chave, tapa nin bisagra,
pero dentro un tesouro dourado garda
 
Aí vai outra:
 
Sen pernas pousa nunha perna,
dúas pernas senta preto de tres pernas,
catro pernas queda con algo
 
E outra máis de balde:
 
Devora todas as cousas:
paxaros, bestas, árbores, flores;
rilla o ferro, traba no aceiro;
converte a dura pedra en fariña,
mata o rei, arruína a cidade
e bota a alta montaña abaixo.
 
 
Ben, pois agardamos os vosos comentarios coas respostas. Prometemos premio para o primeiro que dea coas respostas e sexa capaz de retar á criatura Gollum ou ao mesmísimo Bilbo. Claro que sempre podedes esperar a ver a peli, claro.Os de Ítaca non pode participar, ehhh?! E sen trampas!!!
 

5 comentarios:

Unknown dijo...

hola son Víctor Suarez de 1º da ESO e estas son as miñas respostas :
- para a 1ª adiviña : un ovo
-para a 2ª adiviña : un peixe nunha mesa na que esta sentado un home nunha cadeira mentres o gato queda cas espiñas
- para a 3ª adiviña : o tempo

Alejandro López dijo...

alex lopez 1º eso :1ºcofre,2º

Anais 1ºESO dijo...

Anaís 1ºESO
1.Son os ovos
2.E un peixe ponse encima dunha mesa con unha pata, un home sentase, e esas son as dúas pernas,despois ven un gato que o gato ten 4 pernas,e o gato colle as espiñas do peixe.
3.O tempo

Anónimo dijo...

Anais 1ºESO
1.Son os ovos.
2.E un peixe enriba dunha mesa dunha pata,ben un home sentase nunha banqueta ,e un gato quedase coas espiñas do peixe.
3.O tempo.

Anónimo dijo...

Hola son Adrian del Río de 2º da ESO

A resposta á 3º é o tempo
A resposta á 1º é un ovo (de galiña por exemplo)
A resposta á 2º é (arrevesada cando menos)un peixe sobre unha mesa, un home sentado á mesa e un gato que come as espiñas do peixe.