A medida que avanza a reforma da Biblio podemos ir re-ocupando os lugares que nos son propios. Aquí vemos as mozas e mozos do cLube de lectura de 3° e 4° da ESO na primeira xuntanza tras a pintura e o cambio de chan, estreando mesas e cadeiras. Seguimos.
3 feb 2020
21 ene 2020
ABERTO POR REFORMAS

Como é de dominio público, e grazas aos fondos achegados polo PLAMBE, estamos remodelando a Biblioteca. Xa colocaron o novo chan e están a rematar a pintura. Por este motivo, e moi brevemente, a Biblioteca non está todo o operativa que adoita estar. Moi logo volveremos á normalidade, pero mentres tanto se precisades algún libro ou calquera outro documento da Biblio, non dubidedes en contactar con calquera profe membro do Equipo, que de seguro poderá facer algo ao respecto.
Axiña recuperamos a normalidade!
21 dic 2019
ESTAMOS EN OBRAS
Grazas á integración do noso cole no PLAMBE, Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares, dependente da Consellería de Educación, estamos en obras. Estamos baleirando a Biblioteca para levar a cabo unha remodelación integral. E como o facemos? Coa axuda inestimable e impagable das mozas e mozos de 4º da ESO que, voluntariamente, quixeron participar e botarnos un cable aos profes.
Traballando unidos, que é o que non podemos acadar?
Infinitas grazas aos nosos mozos e mozas de 4º da ESO
15 dic 2019
PIRATAS NO DIVINO MAESTRO
Un grupo de dez mozas piratas de 1º e 2º da ESO percorreron o pasado xoves o noso colexio á procura dun saboroso e doce tesouro. En efecto, ataviadas con vistosos panos de cores as mozas lectoras do Club de Lectura -Ítaca, para máis señas- culminaron o achegamento á obra "A illa do Tesouro" cun emocionante xogo de pistas que as levou por todo o centro, desde Infantil até o laboratorio, pasando pola conserxería, a dirección... Nervios desbordados, risas, tensión... Moita diversión.
Grazas a todas as participantes, ás profes colaboradoras, ás relixiosas que nos axudaron a organizalo todo... A partir de xaneiro máis e mellor!
8 dic 2019
MOCHILAS VIAXEIRAS
Desde a semana pasada xa andan a rular polas casas do noso alumnado de 3º e 4º de Primaria as MOCHILAS VIAXEIRAS. Como se sabe, trátase dunha iniciativa do Equipo de Biblioteca que busca achegar os materiais dos que dispoñemos na Biblioteca ao alumnado e as súas familias. Asemade, tamén se trata de acadar a complicidade de pais e nais no labor de achegamento á lectura, o audiovisual, á cultura.
En breve, as nenas e nenos de 3º e 4º irannos contando da súa experiencia.
Que o pasen ben!
4 dic 2019
NOVOS LECTORES
O curso avanza e novas lectoras e lectores van achegándose á Biblioteca. Aquí temos a doce novos lectores de 2º de Primaria que campan cheos de satisfacción cos seus recén estreados carnés de usuarios danos Biblio... Moi logo chegarán os seus compañeiros!
23 nov 2019
CONCURSO TRAPERO PARDO
Vén de ser convocado o XXV Certame de Contos e Relatos Curtos Trapero Pardo.
Deixámosvos imaxes da convocatoria e das bases. Agardamos que haxa unha numerosa participación neste certame que nos leva dado tantas alegrías nas últimas convocatorias, onde colleitamos catro premios nas catro últimas convocatorias. Ánimo e a escribir.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
















