5 feb 2021
1 ° PREMIO TRAPERO PARDO
Hoxe recibimos unha gran nova: Lucía Domínguez, alumna de 2°ESO, foi galardoada co primeiro premio no certame Trapero Pardo, que tantas alegrías nos leva dando nos últimos anos. Parabéns!!! #traperopardo
Chibos Chibóns
Os nenos e nenas de 3 anos disfrutaron moitísimo coa sesión de contacontos na aula, do álbum ilustrado en galego "Chibos Chibóns". Dá gusto velos tan atentos e metidos na historia que se conta! #plambe #contacontos
28 ene 2021
NACE O BLOG DO CLUBE DE LECTURA
Co peculiar nome que se pode observar, acaba de publicarse a primeira entrada do novo blog da sección dos máis pequenos do Club de Lectura "depapeletinta".
En breve serán moitas as entradas, os comentarios, as obras lidas... Avante toda!
https://arrasalibrosdm.blogspot.com/?
m=1
21 ene 2021
NOVO CONCURSO!!!
Como serán as mascotas da biblioteca e da radio que están deseñando os nenos e nenas de primaria?? 🤔 #plambe #RadioEscolar #bibliotecaescolar
20 ene 2021
ARRINCA O CLUB DE LECTURA DOS MAIORES
Hoxe comezou o club de lectura dos maiores do cole, que no sucesivo se reunirá todos os mércores no tempo de recreo. Empezaremos lendo un cómuc, "O inferno do debuxante" de Kiko Dasilva, para continuar por "Ons", de C. Meixide... Somos poucos, pero afoutos! E con este grupo son xa case 40 as mozas e mozos que se integran no club: VENTO NAS VELAS!!
18 ene 2021
CONCURSO DE LOGOTIPOS DA RADIO E DA BIBLIOTECA
A nosa futura radio e a reformada biblioteca
precisan dun "logos" que as identifiquen. Se es alumno de secundaria do noso cole, anímate a deseñalos e a deixar a túa pegada para a posteridade. Consulta as bases e, se tes dúbidas, diríxete ao persoal da biblioteca. #plambe #bibliotecasescolares #radioescolar










