Co gallo da Festa das Letras as mozas e mozos de 4º da ESO, que andan a estudar a poesía galega de posguerra, deron en re-crear algúns poemas de Celso Emilio Ferreiro con estas montaxes de vídeo. A ver que vos parecen.
Eisoutra páxina onde podemos atopar info sobre Xosé Filgueira Valverde. Trátase de todo o material que a fundación que leva o seu nome compilou ao redor da súa figura.
Preme na ligazón para acceder.
E non podía faltar a páxina da Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización da Lingua Galega, onde se van compilando recursos moi interesantes que se crean en diversos centros por Galicia adiante.
Sirva como exemplo o Pasapalabra que crearon os compañeiros do CEIP "A Ponte". Para acceder, fai clic na imaxe:
Deixamos aquí, para quen poida interesarlle, o enlace aos diversos materiais con que cada ano os do Seminariogalán nos fan máis doado celebrar a festa das Letras Galegas: Para acceder, clicar nas imaxes, si?
Ler Ler sempre. Ler muito. Ler “quase tudo”. Ler com os olhos, os ouvidos, com o tacto, pelos poros e demais sentidos. Ler com razão e sensibilidade. Ler desejos, o tempo, o som do silêncio e do vento. Ler imagens, paisagens, viagens. Ler verdades e mentiras. Ler o fracasso, o sucesso, o ilegível, o impensável, as entrelinhas. Ler na escola, em casa, no campo, na estrada, em qualquer lugar. Ler a vida e a morte. Saber ser leitor, tendo o direito de saber ler. Ler simplesmente ler. Edith Chacón Theodoro