A biblioteca Paco Martín continúa aumentando os seus fondos; pensando sempre na inclusión (como co novo material da mesa de luz) e na integración de todas as áreas. Neste sentido, mercamos unha serie de libros que nos servirán de base a futuros proxectos relacionados coa ecoloxía. Seguimos medrando! #bibliotecapacomartin #bibliotecasecolares #plambe
7 abr 2022
25 mar 2022
ENCONTROS DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
A nosa biblioteca quere seguir medrando e innovando; por iso viñemos hoxe a Santiago de Compostela aos Encontros de mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia. #plambe #bibliotecapacomartin #bibliotecasescolares
21 feb 2022
PACO NA RADIO
Escoita a entrevista que os rapaces e rapazas de 3º da ESO lle realizaron ao escritor Paco Martín, pai da literatura infanto-xuvenil galega.
https://go.ivoox.com/rf/82422727
15 feb 2022
PACO MARTÍN
Unha vez máis, queremos agradecer a Paco Martín non só a súa visita; senón tamén a doazón deste lote de libros da súa autoría, (así como da ilustradora Belén Martín); todos eles dedicados e asinados. #plambe #bibliotecapacomartin #bibliotecasesclares
PRESENTACIÓN PACO MARTÍN por David Díaz González en Genially
Paco Martín por Sara Durán Franco en Genially
VIDEO-PRESENTACIÓN PACO MARTÍN por Samuel Viño López en Genially
Powtoon - Trivia Time Template
QUIZ GENIAL por Marta Abuín Rebolo en Genially
24 ene 2022
MATERIAL NOVO!!
O alumnado de 3° de primaria xa dispón de 25 novos exemplares de "Aldara na Lúa", un compendio de lecturas en galego coas que poder gozar diariamente na Hora de Ler. #plambe #bibliotecasescolares #horadeler
QUE LEMOS EN BOOKFLIX???
Estreamos carteleira de promoción dos libros e de información sobre as novidades que van chegando á Biblioteca. E facémola imitando a grella dunha coñecida plataforma televisiva, de modo que, se non sabedes qué ler... Sempre podedes botarlle un ollo á carteleira do noso BOOKFLIX!!
ARRINCA DE NOVO O CLUB DE LECTURA
E faino cos "peques" de 1° da ESO, que lle van meter o dente a "O pacto do letargo", do grande Miguelanxo Prado... Imos aló!